Uso de cookies nas páxinas web do Concello da Coruña

Nas páxinas web municipais utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar os nosos servizos mediante a análise dos seus hábitos de navegación. Se continúa navegando, consideramos que acepta o seu uso. Pode obter máis información, ou coñecer como cambiar a configuración, na nosa páxina de "Normas de uso".

Concello da Coruña

Concello da Coruña

  • Compartir
  • Engadir ao meu móbil | 
  • Imprimir

Cando:

6 de agosto de 2020

O Concello preséntase na causa aberta polo Xulgado pola actuación da Liga de Fútbol Profesional no caso Fuenlabrada

A Fiscalía, que actuou á instancia do Concello, vén de presentar unha denuncia, que foi acumulada ao procedemento que instrúe o Xulgado de Instrución número 6 da Coruña

O Concello vén de se presentar na causa aberta contra a Liga de Fútbol Profesional e o seu presidente, Javier Tebas, así como contra o Club de Fútbol Fuenlabrada. Os letrados municipais xa entregaron o escrito de comparecencia a raíz da denuncia da Fiscalía, que foi engadido ás dilixencias previas que se están instruíndo no Xulgado de Instrución n.º 6 da Coruña, contra a actuación da LFP e do club.

A Fiscalía, que actuou por instancia do Concello ao considerar este que a viaxe do club con varios positivos por Covid-19 nas súas filas puider constituír un delito contra a saúde pública, xa presentou a súa denuncia polos feitos no Xulgado e incluíuse no procedemento aberto no Xulgado de Instrución número 6 da Coruña, que será o que finalmente instrúa o caso en que o Concello está xa presentado. Será o dito xulgado o que se faga cargo dos feitos e asuma a investigación tanto da denuncia presentada por particulares como da que tramitou a Fiscalía, por instancia do Concello da Coruña.

O Goberno da Coruña actúa así coa máxima contundencia contra aqueles que, movidos por intereses espurios, foron quen de pór en risco a unha cidade e realizar unha viaxe aínda sabendo que na súa expedición figuraban persoas que supuñan un risco evidente de difusión da enfermidade provocada pola Covid-19, tendo en conta que entre as súas filas se detectaran casos positivos.

Este goberno entende que a LFP debería ter impedido que a expedición saíse de Fuenlabrada. Porén, o equipo viaxou igualmente sen lles comunicar a súa situación ás autoridades sanitarias e poñendo en risco a todas aquelas persoas con que se cruzaron durante a viaxe, desde profesionais do transporte a traballadoras/es hoteleiras/os.

A alcaldesa, Inés Rey, indicou que o Concello irá até o final na esixencia de responsabilidades, mesmo pola vía penal, contra todos aqueles que xestaron, sendo coñecedores do risco, o que se convertería no primeiro gran rebrote na Coruña, con consecuencias para economía dunha cidade que está a realizar un grande esforzo por se recuperar da pandemia. "Non vou tolerar que ninguén poña en risco a saúde das coruñesas e dos coruñeses obedecendo a intereses que consideramos ilexítimos e inxustificados", dixo Inés Rey.

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión