Uso de cookies nas páxinas web do Concello da Coruña

Nas páxinas web municipais utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar os nosos servizos mediante a análise dos seus hábitos de navegación. Se continúa navegando, consideramos que acepta o seu uso. Pode obter máis información, ou coñecer como cambiar a configuración, na nosa páxina de "Normas de uso".

Concello da Coruña

  • Compartir
  • Engadir ao meu móbil | 
  • Imprimir

Cando:

17 de xullo de 2020

Preto de 500 nenas e nenos coruñeses desfrutan das bolsas comedor durante este verán

A concelleira de Benestar Social, Yoya Neira, agradécelle á entidade Abanca que se faga cargo do financiamento destas axudas durante o período estival co fin de axudar as familias con máis necesidades económicas da cidade

Preto de 500 nenas e nenos reciben este verán as bolsas comedor que oferta Benestar Social, despois de que o concello decidira estender estas axudas ao período estival para axudar as familias máis vulnerables. En concreto, os menús destes meses de vacacións estarán financiados por Abanca, a través da súa obra social Afundación, á que a concelleira Yoya Neira lle quixo agradecer a súa sensibilidade por contribuír a que a veciñanza con máis necesidades económicas poida afrontar mellor esta tempada de incerteza. Deste xeito, Benestar Social non suspendeu as bolsas comedor durante o estado de alarma, aínda que non houbo colexio nin tampouco o fixo en Semana Santa nin nos días festivos.

A entidade financeira proporcionaralles 80.000 menús saudables e nutritivos ás e aos escolares galegos dentro do programa "Cubertos", dos que 1.650 se repartirán até o inicio do curso co obxectivo de apoiar a infancia en risco de pobreza ou exclusión social, cuxa situación se viu agravada pola crise da COVID-19.

Categorías da noticia

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión