Uso de cookies nas páxinas web do Concello da Coruña

Nas páxinas web municipais utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar os nosos servizos mediante a análise dos seus hábitos de navegación. Se continúa navegando, consideramos que acepta o seu uso. Pode obter máis información, ou coñecer como cambiar a configuración, na nosa páxina de "Normas de uso".

Concello da Coruña

  • Compartir
  • Engadir ao meu móbil | 
  • Imprimir

Cando:

30 de setembro de 2020

O Goberno local permitirá temporalmente o cambio de licenza dos pubs para que poidan operar como cafeterías e paliaren así os efectos da crise

Segundo a alcaldesa, Inés Rey, “Existen moitas familias na cidade que viven destes negocios que levan pechados meses polas restricións autonómicas e debemos facer algo”

Ante a situación que padecen os negocios de hostalaría como consecuencia da pandemia e, especialmente os dedicados ao lecer nocturno, que se manteñen pechados desde o pasado 7 de agosto como consecuencia das restricións impostas pola Xunta de Galicia, o Goberno local decidiu poñer en marcha unha medida extraordinaria para lle axudar ao sector a paliar os nefastos efectos económicos derivados desta inactividade.

En concreto, como medida temporal, permitiráselles a todos aqueles negocios de hostalaría que están en posesión dunha licenza tipo II, un permiso que actualmente aglutina a maioría de pubs da cidade, a realizaren a mesma actividade que os establecementos encadrados na licenza de tipo I, que se refire a cafeterías restaurantes, bares e café bares. Por tanto, deberán cumprir as mesmas esixencias que establece a Xunta para este tipo de negocios canto á capacidade, horario de peche e demais restricións durante este período.

Segundo a alcaldesa, Inés Rey, "Existen moitas familias na cidade que viven destes negocios que levan pechados meses polas restricións autonómicas e debemos facer algo para axudalos".

Trátase dunha medida excepcional e que se manterá ata o 31 de xaneiro, data en que o Goberno local decidirá se a prorroga ou se os establecementos que solicitaron o cambio volven automaticamente á súa actividade especificada na licenza de tipo II. As/os hostaleiras/os interesadas/os deberán pedir de forma individual o cambio temporal da súa licenza no departamento de Urbanismo.

O executivo local reitera que mentres dure esta medida excepcional os negocios non perderían a súa licenza de actividade e tan só operarían de forma extraordinaria e temporal coa licenza de cafetería.

O Goberno local considera que é necesario que este tipo de negocios poidan desenvolver a súa actividade para afrontaren as durísimas consecuencias económicas da crise que poden ser irreparables para as familias que subsisten deste tipo de establecementos.

Lembra que os pubs da urbe encadean, entre o estado de alarma e as últimas restricións da Xunta pola repunta de contaxios, varios meses sen abriren as súas portas.

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión