Uso de cookies nas páxinas web do Concello da Coruña

Nas páxinas web municipais utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar os nosos servizos mediante a análise dos seus hábitos de navegación. Se continúa navegando, consideramos que acepta o seu uso. Pode obter máis información, ou coñecer como cambiar a configuración, na nosa páxina de "Normas de uso".

Concello da Coruña

  • Compartir
  • Engadir ao meu móbil | 
  • Imprimir

Cando:

14 de agosto de 2020

O Concello pon nome a oito rúas no polígono de Vío

Estarán dedicadas a escritores, músicos e destacados coruñeses. O cambio no rueiro facilitará o desenvolvemento da superficie empresarial

O Goberno local vén de nomear oito vías no polígono de Vío, rúas que até o de agora non contaban con denominación e que agora pasarán a recordar a escritores, músicos e coruñeses ilustres para honrar a súa memoria. O cambio no rueiro xa foi comunicado a institucións, organismos e empresas de servizos públicos, así como ao INE, polo que xa é efectivo. Nas vindeiras semanas instalaranse os postes coas novas placas en cada unha das oito rúas.

"Este paso permitirá o desenvolvemento do polígono facilitando direccións concretas ás empresas que se queiran instalar alí e permitindo que poidan recibir envíos postais", destacou o concelleiro de Economía, Facenda e Réxime Interior, José Manuel Lage Tuñas. A sociedade que promove e xestiona o polígono, Sociedad Promotora Urbana de Vío, amosou a súa satisfacción polo paso dado para facilitar o desenvolvemento empresarial desta área.

Estes son os novos nomes que figuran xa no rueiro do polígono de Vío: rúa Nicanor Tabuyo Domínguez (coruñés e un dos grandes promotores e defensores, nos anos 70, do aeroporto de Alvedro); rúa Severino Chacón Bergueiro (creador no ano 1916 do sindicato Unión Tabacalera, defensor dos dereitos de cigarreiras); rúa Antonio Durán Cao (docente e director da Escuela de Altos Estudios Mercantiles e concelleiro, fillo de Ángel Durán, persoeiro que xa dá nome a outra rúa: Médico Durán); rúa Manuel Martín Ferrand (xornalista que ingresou en 1960 na TVE e ocupou despois cargos de responsabilidade en distintos medios); rúa Alfredo Kraus (tenor falecido en 1999); rúa Blasco Ibáñez (en memoria do gran escritor español); rúa José Ramón Taracido (voluntario da Cruz Vermella do Mar falecido no ano 1988 en acto de servizo durante un rescate); e rúa Manuel Rañal (impulsor do movemento asociativo das persoas con diversidade funcional).

Todos os nomes foron aprobados en plenos celebrados nos anos 2003, 2009 e 2016 e agardaban desde entón por formaren parte do rueiro coruñés.

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión