Uso de cookies nas páxinas web do Concello da Coruña

Nas páxinas web municipais utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar os nosos servizos mediante a análise dos seus hábitos de navegación. Se continúa navegando, consideramos que acepta o seu uso. Pode obter máis información, ou coñecer como cambiar a configuración, na nosa páxina de "Normas de uso".

Concello da Coruña

  • Compartir
  • Engadir ao meu móbil | 
  • Imprimir

Cando:

8 de setembro de 2020

O Concello facilítalle á Xunta aulas nos centros cívicos para os colexios e pechará espazos públicos para que poidan utilizalos as e os escolares

A Concellería de Educación habilitará un espazo na praza de Pontevedra para que as/os escolares do centro Eusebio da Guarda poidan utilizalo nas horas de lecer e aulas no Centro Ágora para o IES Agra do Orzán A Concellería de Seguridade Cidadá, que dirixe Juan Ignacio Borrego, organizou un dispositivo especial de tráfico no regreso ás aulas

O concello anunciou hoxe que porá a disposición da Xunta cinco aulas no Centro Ágora para que poidan ser utilizadas polas/os escolares do IES Agra do Orzán. Tamén habilitará unha zona na praza de Pontevedra co fin de que o alumnado do colexio Eusebio da Guarda conte con máis espazos nas horas de lecer e valará parte da avenida de Barrié de la Maza para facilitar a entrada e saída das/os escolares. O concelleiro de Educación, Jesús Celemín, afirma que a concellería vai traballar nestas medidas para que "as/os nosas/os estudantes teñan as condicións máis óptimas para o traballo diario".

Estas actuacións son a resposta ao anuncio que xa realizou o concello en datas pasadas en que adiantaba a disposición do Goberno local para colaborar coa Xunta no inicio do curso escolar, coa finalidade de garantir a seguridade sanitaria nos colexios da cidade.

A cesión de espazos municipais é un compromiso da alcaldesa coa comunidade educativa da Coruña, para facilitar o desenvolvemento da actividade lectiva ademais das actividades deportivas e extraescolares, atendendo tamén á necesidade dos centros de cumpriren o protocolo establecido pola Xunta.

Deste xeito, o concello colabora coa Xunta para que se poida iniciar o curso con garantías de seguridade. O Goberno municipal seguirá a traballar polo normal desenvolvemento do curso académico nos colexios da Coruña e atendendo as demandas da comunidade educativa, sempre dentro das súas posibilidades.

De igual maneira, o concello confía en que o executivo autonómico reforce as medidas sanitarias nos centros educativos e desenvolva as actuacións necesarias para garantir a saúde das e dos escolares e do persoal docente.

TRÁFICO

Canto á regulación do tráfico para facilitar o fluxo de persoal docente e alumnado nos colexios, a Concellería de Seguridade Cidadá, que dirixe Juan Ignacio Borrego, organizou un dispositivo especial no regreso ás aulas.

En concreto, haberá diversas actuacións de tráfico nos CEIPs Grande Obra, Calasancias, Salesianos, Compañia de María, Fogar Santa Margarida, Sagrada Familia, Wenceslao Fdez Flórez, Escravas, Montel Toucet, Santo Domingo, Eusebio da Guarda, Liceo la Paz, Franciscanas, Colexio Eirís e Peñarredonda.

Segundo o edil de Seguridade Cidadá, Juan Borrego, as necesidades agora son maiores polos numerosos horarios acordados polos centros  coa Xunta, e a chegada de vehículos de transporte escolar e coches privados: "A nosa intención é que as nenas e nenos poidan acceder aos seus centros de ensino con maior seguridade e, por outra banda, reducir os prexuízos sobre a circulación que terá este novo sistema de entrada e saída nos colexios", apuntou.

           

             

Categorías da noticia

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión