Uso de cookies nas páxinas web do Concello da Coruña

Nas páxinas web municipais utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar os nosos servizos mediante a análise dos seus hábitos de navegación. Se continúa navegando, consideramos que acepta o seu uso. Pode obter máis información, ou coñecer como cambiar a configuración, na nosa páxina de "Normas de uso".

Concello da Coruña

  • Compartir
  • Engadir ao meu móbil | 
  • Imprimir

Cando:

16 de xullo de 2020

O concello cede o quiosco da praza de Ourense para pór en marcha o proxecto Down Café a favor da integración laboral

A iniciativa da asociación Down Coruña daralles traballo inicialmente a nove persoas con ou sen diversidade funcional nesa igualdade de oportunidades que busca o Goberno local

A alcaldesa, Inés Rey, anunciou en rolda de prensa a sinatura do convenio coa asociación de síndrome de down Down Coruña, que suporá a cesión por parte do concello do local municipal do quiosco da praza de Ourense para desenvolver o proxecto Down Café. Coa súa posta en marcha, asociadas/os con diversidade funcional traballarán con xente de fóra do colectivo ofrecendo cafés coas técnicas propias dos e das baristas.

A rexedora informou que despois de que lle presentaran moitos proxectos neste primeiro ano de mandato, esta iniciativa, da que lle deron conta cando aínda estaba en campaña, foi acollida positivamente por ela desde o primeiro momento por ser unha das máis bonitas desde que entrou "nesa igualdade de oportunidades que busca o Goberno local", e que tomará forma nos vindeiros meses, logo da reforma do espazo. Neste punto, o presidente do colectivo, Ricardo Santos, calculou que poderán abrilo en outubro e que estudan a posibilidade de conectalo coa memoria histórica da cidade para serviren bocadillos de calamares como noutrora. Pola súa parte, Rey insistiu en que se enorgullece de presentar algo así por todo o que implica, a transcendencia que ten e a aposta municipal pola integración cun cadro de persoal que estará formado inicialmente por nove persoas: "Trátase de non deixar a ninguén atrás, unha cuestión que vai no ADN deste Goberno e das nosas ideas. Queremos unha cidade máis igualitaria e inclusiva e parece que isto non se concreta en nada, que queda en palabras, pero eu prefiro pasalas a feitos". A alcaldesa agradeceu todo o traballo da Concellería de Benestar Social para materializar un proxecto común, "que máis que números concentra persoas con todo o dereito do mundo a teren unha vida plena".

Pola súa parte, o responsable de Down Coruña falou de que con esta novidade pioneira en Galicia lles darán oportunidades de traballo ás persoas con diversidade funcional: "Imos emprender unha empresa social porque pese a estarmos en tempos de incerteza, cremos que tamén poden emprenderen actividades empresariais e colaboraremos para poñelo en marcha con outras/os profesionais co fin de ofreceren produtos de alta calidade, responsables e ecolóxicos".

Categorías da noticia

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión