Uso de cookies nas páxinas web do Concello da Coruña

Nas páxinas web municipais utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar os nosos servizos mediante a análise dos seus hábitos de navegación. Se continúa navegando, consideramos que acepta o seu uso. Pode obter máis información, ou coñecer como cambiar a configuración, na nosa páxina de "Normas de uso".

Concello da Coruña

  • Compartir
  • Engadir ao meu móbil | 
  • Imprimir

Cando:

31 de agosto de 2020

Novas iniciativas nas hortas municipais da Coruña

A situación de crise xeral provocada pola pandemia da COVID-19 mantivo os hortos urbanos pechados ata primeiros de maio. O regreso das e dos hortelanos nesta nova situación está a provocar unha avalancha de novas iniciativas.

A situación de crise xeral provocada pola pandemia da COVID-19 mantivo os hortos urbanos pechados ata primeiros de maio. O regreso das e dos hortelanos, nesta nova situación está a provocar unha avalancha de novas iniciativas.

Entre elas hai que destacar a posta en marcha o 11 de agosto, da horta infantil no EcoHuerto Municipal de Eirís. A súa creación foi promovida pola Gardeniser Laura Gaioso, que recibiu esta formación no encontro internacional de Thesaloniki, e colaboraron os fillos e fillas das persoas hortelanas. Contaron tamén co apoio da comunidade de hortelanos - entre eles, dous mestres-. Ten unha superficie de 50 m2, para a súa creación utilizáronse materiais reciclados e doazóns, e nela dispuxéronse espazos para cultivos, zonas de reunión e unha cociña de xoguete. A xestión deste espazo estará liderada polos nenos e nenas do horto que se constituirán como asociación. Durante a xornada de inauguración sementaron cabazas co obxectivo de cultivalas en Halloween.

Outra iniciativa importante foi a creación da Asociación "De leria na leira" ("Charlando no horto") na que participan, de maneira individual, hortelanas/os dos tres hortos municipais e entre cuxos obxectivos está demostrar as vantaxes deste modelo de gobernanza para os hortos municipais e xestionar o Horto Municipal de Oza, que nestes momentos está sen explotar. Esta iniciativa foi promovida polo Gardenaiser Ildefonso García de Longoría, que recibiu a formación Gardeniser no encontro internacional de Loures.

Por último, no EcoHuerto Municipal de Eirís están a traballarse de maneira comunitaria algunhas parcelas para destinar a súa produción a Bancos de Alimentos.

Categorías da noticia

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión