Uso de cookies nas páxinas web do Concello da Coruña

Nas páxinas web municipais utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar os nosos servizos mediante a análise dos seus hábitos de navegación. Se continúa navegando, consideramos que acepta o seu uso. Pode obter máis información, ou coñecer como cambiar a configuración, na nosa páxina de "Normas de uso".

Concello da Coruña

  • Compartir
  • Engadir ao meu móbil | 
  • Imprimir

Cando:

28 de setembro de 2020

Inés Rey: “O Concello mantén a súa aposta pola creación dunha única autoridade que xestione o transporte metropolitano”

O concelleiro de Urbanismo, Juan Díaz Villoslada, participou esta mañá por videoconferencia nunha xuntanza da Comisión de Seguimento da Área de Transporte Metropolitano, en que se presentaron o balance de 2019 e o borrador do futuro convenio. O Goberno local reclama que a liña 1A do bus urbano que vai a Santa Cristina funcione durante todo o ano. .

A alcaldesa, Inés Rey, manifestou esta mañá, tras a xuntanza da Comisión de Seguimento da Área de Transporte Metropolitano, que "o concello mantén a súa posta pola creación dunha única autoridade que xestione o transporte metropolitano". Para Rey, se de certo se quere dar un paso adiante para lograr unha mellora da mobilidade da área, é indispensable crear unha verdadeira autoridade única do transporte metropolitano.

Durante a xuntanza por videconferencia dos 17 municipios que participan na comisión, Villoslada asegurou que o Goberno local apoia os procesos de mellora do transporte metropolitano que a Xunta puxo en marcha, pero que "avogamos por establecer mecanismos de coordinación coa Xunta que permitan iniciar, coa planificación necesaria, unha auténtica autoridade única do transporte metropolitano consorciando os servizos".

O Goberno local, asegurou Rey,  aposta por seguir traballando para estender novas liñas de buses urbanos á primeira coroa metropolitana. Neste sentido, explicou, reivindicamos a necesidade de que a liña 1A, que vai até Santa Cristina, funcione durante todo o ano, e non soamente nos meses de verán.

Doutra banda, o concelleiro manifestou durante o encontro a falta de coordinación suficiente para a entrada de novas liñas ao centro urbano da cidade. O Goberno local expuxo a necesidade de que se garantan certos mecanismos de coordinación.

A reunión serviu para que a Xunta expuxer o balance de transporte metropolitano do 2019, que recolle un total de 7 millóns de viaxes, das cales 5,5 millóns corresponden ao concello da Coruña. Tamén presentou un borrador do futuro convenio do transporte que ten ser renovado, xa que o último data de 2010.

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión