Uso de cookies nas páxinas web do Concello da Coruña

Nas páxinas web municipais utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar os nosos servizos mediante a análise dos seus hábitos de navegación. Se continúa navegando, consideramos que acepta o seu uso. Pode obter máis información, ou coñecer como cambiar a configuración, na nosa páxina de "Normas de uso".

Concello da Coruña

  • Compartir
  • Engadir ao meu móbil | 
  • Imprimir

Cando:

28 de agosto de 2020

Fontán sinala a importancia de accións como a de “Circula a túa lata” para concienciar a veciñanza da reciclaxe

A concelleira de Medio Ambiente explicou que o concello apoiará sempre este tipo de iniciativas co fin de que a cidadanía contribúa a xerar esta economía circular tan necesaria

A concelleira de Medio Ambiente, Esther Fontán, asistiu esta mañá ao peche da campaña "Circula a túa lata", que patrocina Estrella Galicia, en que falou da importancia deste tipo de accións que o Goberno local de Inés Rey apoiará sempre porque "se necesita concienciar a veciñanza da reciclaxe de todo o material que nos rodea". No caso destes envases, a edila sinalou que se aproveita un 85%, "oito de cada dez latas estanse reciclando", pero cómpre recordar que hainas que despositar no contedor destinado ao inorgánico ao seren separadas na planta de Nostián: "Isto evita un consumo do 70% de auga e do 95% de enerxía e elimina a pegada de carbono. Toda a lata é reciclable".

A concelleira valorou o labor das e dos que foron estes días polas praias para falaren coas persoas usuarias co fin de que contribúan de maneira eficiente e responsable a xerar esta economía circular e engadiu que tamén as empresas deben concienciarse sobre o tema. Neste aspecto, o coordinador da iniciativa en Galicia, David Iglesias, agradeceulle ao Concello que apoiara unha campaña que remata este domingo, en que se busca un 100% de reciclaxe e que será a primeira de moitas iniciativas. Tamén destacou a cooperación de particulares que fixeron visibles as máis de 500 enquisas que analizarán nos vindeiros días.

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión