Uso de cookies nas páxinas web do Concello da Coruña

Nas páxinas web municipais utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar os nosos servizos mediante a análise dos seus hábitos de navegación. Se continúa navegando, consideramos que acepta o seu uso. Pode obter máis información, ou coñecer como cambiar a configuración, na nosa páxina de "Normas de uso".

Concello da Coruña

  • Compartir
  • Engadir ao meu móbil | 
  • Imprimir

Cando:

3 de outubro de 2020

Emprego lanza 3.200 prazas gratuítas en 50 cursos de formación en liña dentro do PRESCO

Estas accións formativas, que pretenden potenciar a dixitalización, están deseñadas para persoas desempregadas, en situación de ERTE e profesionais, cuxos requisitos son ser maior de 16 anos e estar empadroado/a no Concello da Coruña

O Concello da Coruña presenta unha nova iniciativa de formación en liña para 3.200 residentes no municipio de forma totalmente gratuíta dentro do Plan de Reactivación Económica e Social da Coruña ( PRESCO). Dentro do eixe de medidas económicas, que figura no mencionado plan, para colectivos e tecido afectado pola parálise da actividade como consecuencia da Covid-19, inclúese a liña 7: programa de cualificación profesional, no que se inclúen varias edicións de 50 itinerarios formativos diferentes nos sectores e especialidades con máis oportunidades de emprego a través de formatos en liña.

Desde o Goberno de Inés Rey lembran que o concello destinou máis de 13 millóns de euros a reactivar a economía, "é o momento de estar preto da xente e das súas necesidades", e sinala que para a liña de axudas do PRESCO ás persoas autónomas presentáronse 3.827 solicitudes por valor de 12 millóns de euros. Desde o Goberno local aseguran que A Coruña foi a primeira cidade de Galicia en dar unha resposta aos efectos económicos e sociais da pandemia asumindo a necesidade de responder independentemente das nosas competencias.

A concelleira de Innovación, Industria e Emprego e Consumo, Eva Martínez, sinala que "a situación actual na que nos atopamos propicia que debamos afrontar unha nova realidade e que a formación en liña pase a formar parte do presente para potenciar as nosas habilidades, crear un mellor perfil profesional e académico e xerar maiores probabilidades de contratación en futuros empregos". Desde os nosos fogares, asegura a edila, "podemos continuar ampliando coñecementos sen necesidade de acudir a un centro de formación".

O Concello da Coruña, a través da Concellería de Innovación, Industria, Emprego e Consumo, ofrece un catálogo de máis de 50 accións formativas en liña con varias edicións cada unha, en distintos sectores profesionais con máis de 3.200 prazas abertas. O prazo de inscrición publicitarase na páxina web https://www.coruna.gal/emprego/gl

Trátase dunha medida deseñada para persoas desempregadas, en situación de ERTE e profesionais. Os requisitos para realizar esta formación integramente en liña son ser maior de 16 anos e estar empadroado/a no Concello da Coruña.

Cada persoa poderá seleccionar unha acción formativa de calquera das áreas de especialización: idiomas (inglés, francés e alemán en distintos niveis), Microsoft Office (Word, Excel, Access, Power Point, Outlook básicos e avanzados), comercio e márketing (comercio electrónico, venda en liña, atención telefónica á clientela, satisfacción á clientela, manipulación de alimentos), administración de empresas (seguridade informática, firma dixital, notificacións e rexistros electrónicos, trámites en liña coa administración, comunicación, habilidades directivas...), informática (cloud computing, redes, maquetación dixital, impresión 3D, deseño gráfico, ArcGIS...) e prevención de riscos laborais (multisectorial, prevención da tensión laboral, prevención de riscos laborais en oficinas, no sector químico, emerxencias e evacuación...).

Todas as accións formativas implican competencias moi demandadas na dixitalización que está a experimentar o mercado actual. Estas estarán dispoñibles integramente en liña e accesibles na modalidade 24/7, é dicir, durante as 24 horas do día, calquera día da semana. A información sobre esta formación en liña e as súas particularidades pódese consultar de forma detallada na web municipal www.coruna. gal/emprego/gl .

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión