Uso de cookies nas páxinas web do Concello da Coruña

Nas páxinas web municipais utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar os nosos servizos mediante a análise dos seus hábitos de navegación. Se continúa navegando, consideramos que acepta o seu uso. Pode obter máis información, ou coñecer como cambiar a configuración, na nosa páxina de "Normas de uso".

Concello da Coruña

  • Compartir
  • Engadir ao meu móbil | 
  • Mostrar en el mapa
  • Imprimir

Cando:

22 de setembro de 2020

Cursos trimestrais de golf outubro-novembro-decembro 2020

Ábrese o prazo de solicitude para os cursos de golf do 4º trimestre do 2020, dende o día 1 de setembro ás 08.00h ata o día 11 de setembro de 2020 ás 14.00h dende esta mesma páxina web ou no centro deportivo Campo Municipal de Golf Torre de Hércules.

Publícanse a listaxe definitiva das persoas solicitantes do Curso de Golf do 4º trimestre do ano Outubro, Novembro e Decembro. Pode consultalo premendo na seguinte ligazón, ou no documento adxunto ao pé da noticia:

Matrícula: No Campo Municipal de Golf Torre de Hércules do 23 ao 28 de setembro de 2020 de 09:00 a 21:30h.

22 DE SETEMBRO - SORTEO PÚBLICO

Pode consultar o resultado do sorteo correspondente, e que afecta aos grupos con mais de 8 solicitudes nas seguintes ligazóns, e que determinaran o corte en devantidos grupos

As listaxes definitivas publicaranse o día 22 de setembro

Resultado do sorteo:

  • 1ª letra do 1º Apelido: R
  • 1ª letra do 2º Apelido: Y

14 DE SETEMBRO - LISTAXES PROVISIONAIS

Publícanse as listaxes provisionais das persoas inscritas ao Curso de Golf do 4º trimestre do ano Outubro, Novembro e Decembro. Pode consultalas premendo nas seguintes ligazóns, ou nos documentos adxuntos ao pé da noticia:

Ábrese un prazo de emenda de 5 días naturais para que se poidan formular alegacións (15 ao 19 de setembro), ditas alegacións presentaranse no Campo Municipal de Golf Torre de Hércules de 09:00 a 21:30 h.

  • Sorteo público: Terá lugar o 21 de setembro de 2020, ás 10:00h,  nas oficinas do Palacio Municipal de Deportes de Riazor, dito sorteo só afectara aos grupos con máis de 8 solicitudes. 

28 DE AGOSTO - CONVOCATORIA

Debe realizar a súa solicitude premendo na ligazón que está antes do cadro de horarios. Máximo dúas solicitudes por persoa. (Anexo da convocatoría adxunto ao pé da noticia)

  • Presentación das solicitudes (cubrindo o Formulario de Inscrición): as solicitudes para participar nos cursos poderán presentarse do 1 de setembro ás 08.00h ao 11 de setembro ás 14:00h.
  • Listaxe provisional de solicitantes: publicarase a partir do día 14 de setembro de 2020 na páxina web municipal  www.coruna.gal/deportes e nos taboleiros de anuncios do propio campo municipal de golf e no teléfono de información cidadá 010.
  • Emenda de erros: abrirase un prazo de corrección a partir da data de publicación das listaxes provisionais para que se poidan formular alegacións no prazo de 5 días naturais. As mesmas presentaranse no Campo Municipal de Golf Torre de Hércules.
  • Sorteo: terá lugar o 21 de setembro de 2020, ás 10:00h, nas oficinas do Palacio Municipal de Deportes de Riazor. 
  • Listaxes definitivas: publicaranse a partir do 22 de setembro de 2020.
  • Matrícula: No Campo Municipal de Golf Torre de Hércules do 23 ao 28 de setembro de 2020.
    • Infantil: de 6 a 11 anos.
    • Xuvenil: de 12 a 16 anos
    • Adultos: de 17 anos en diante.

FORMULARIO DE INSCRICIÓN

GRUPO DÍAS HORARIO PRAZAS
ADULTOS LUNS E XOVES  09:30 a 10:30 8
ADULTOS         LUNS E XOVES   10:30 a 11:30 8
ADULTOS LUNS E XOVES   12:30 a 13:30 8
ADULTOS LUNS E XOVES   19:30 a 20:30 8
ADULTOS LUNS E XOVES   20:30 a 21:30 8
ADULTOS  MARTES E VENRES  09:30 a 10:30 8
ADULTOS  MARTES E VENRES 10:30 a 11:30 8
ADULTOS  MARTES E VENRES  12:30 a 13:30 8
ADULTOS  MARTES E VENRES 19:30 a 20:30 8
ADULTOS  MARTES E VENRES 20:30 a 21:30 8
ADULTOS SÁBADO E DOMINGO  09:30 a 10:30 8
ADULTOS SÁBADO E DOMINGO  10:30 a 11:30 8
INFANTIL  LUNS E XOVES  17:00  a 18:00 8
INFANTIL  MÉRCORES E VENRES 17:00  a 18:00 8
INFANTIL SÁBADO E DOMINGO  12:30 a 13:30 8
XUVENIL  LUNS E XOVES  18:00 a 19:00 8
XUVENIL  MÉRCORES E VENRES 18:00 a 19:00 8
XUVENIL SÁBADO E DOMINGO  11:30 a 12:30 8

Enderezo:

Campo Municipal de Golf Torre de Hércules. Rúa Vázquez Iglesias 2. 15002 A Coruña

Documentos:

ANEXO - Cursos Municipais de Golf 4º Trimestre 2020 (51 KB)

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión