Uso de cookies nas páxinas web do Concello da Coruña

Nas páxinas web municipais utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar os nosos servizos mediante a análise dos seus hábitos de navegación. Se continúa navegando, consideramos que acepta o seu uso. Pode obter máis información, ou coñecer como cambiar a configuración, na nosa páxina de "Normas de uso".

Concello da Coruña

  • Compartir
  • Engadir ao meu móbil | 
  • Imprimir

Cando:

9 de setembro de 2020

A Xunta mantén as restricións na Coruña nas zonas do Agra do Orzán, O Ventorrillo, Sagrada Familia, Vioño, Os Mallos, e Estación do Ferrocarril

O resto da cidade manterá as normas que rexen para toda Galicia As zonas que seguen coas restricións serán acoutadas por rúas e non por barrios concretos

Ante a evolución positiva da pandemia na comarca, a Consellería de Sanidade levantou hoxe as restricións na cidade da Coruña agás nas zonas da Agra do Orzán, Sagrada Familia, Os Mallos, As Conchiñas e O Ventorrillo. Estas zonas continuarán coas restricións -publicadas o 7 de agosto no DOG- polo seu elevado número de contaxios que contrastan co resto das zonas da urbe que manterán as normas que rexen para toda Galicia.

A Xunta informou hoxe durante a reunión que as restricións continuarán nestas zonas que serán acoutadas, aínda que os espazos quedarán sinalizados por rúas e non por barrios.

Segundo o Sergas, a día de hoxe hai 678 casos activos de COVID-19, 72 menos que onte, e 1.459 persoas atópanse en seguimento por contactos estreitos con persoas contaxiadas.

Segundo a Xunta de Galicia, o documento completo coas medidas publicarase hoxe no Diario Oficial de Galicia e especificará as restricións para as zonas acoutadas.

Categorías da noticia

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión