Uso de cookies nas páxinas web do Concello da Coruña

Nas páxinas web municipais utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar os nosos servizos mediante a análise dos seus hábitos de navegación. Se continúa navegando, consideramos que acepta o seu uso. Pode obter máis información, ou coñecer como cambiar a configuración, na nosa páxina de "Normas de uso".

Concello da Coruña

  • Compartir
  • Engadir ao meu móbil | 
  • Imprimir

Cando:

20 de xullo de 2020

A Policía Local establecerá un dispositivo especial de seguridade con motivo do partido Deportivo – Fuenlabrada

A alcaldesa da Coruña, Inés Rey, apela á responsabilidade individual e colectiva neste encontro deportivo para evitar aglomeracións de persoas e posibles riscos sanitarios

A Policía Local, xunto á Policía Nacional, establecerá esta tarde un dispositivo especial de seguridade con motivo do partido de fútbol Deportivo - Fuenlabrada que se xogará no Estadio de Riazor. Así se determinou esta mañá na reunión da Xunta de Seguridade que contou coa presenza do persoal responsable da Policía Local, da Policía Nacional e do Deportivo.

Ante a previsible multitude de persoas afeccionadas nas inmediacións de Riazor e a pesar de que a asistencia ao partido de fútbol non está permitida, a alcaldesa da cidade quere facer un chamamento á responsabilidade individual e colectiva neste encontro deportivo "para evitar aglomeracións de persoas e posibles riscos sanitarios".

Inés Rey lembra que "somos conscientes de que debemos apoiar o noso equipo, pero neste momento debemos priorizar a responsabilidade para tratar de non propiciar posibles riscos de contaxio ante os numerosos rebrotes que estamos a vivir nas últimas semanas en gran parte do territorio nacional".

Categorías da noticia

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión