Uso de cookies nas páxinas web do Concello da Coruña

Nas páxinas web municipais utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar os nosos servizos mediante a análise dos seus hábitos de navegación. Se continúa navegando, consideramos que acepta o seu uso. Pode obter máis información, ou coñecer como cambiar a configuración, na nosa páxina de "Normas de uso".

Concello da Coruña

Direccións de área

frechas con direccións

O Regulamento orgánico municipal de 2004 permítelle ao Goberno municipal crear direccións de área, órganos directivos necesarios para xestionar parte da súa estrutura administrativa, así como a figura dunha coordinación xeral cuxa competencia será, precisamente, a coordinación das distintas direccións de área.

A regulación da actual organización municipal executiva publícase a través do Boletín Oficial da Provincial da Coruña tras a toma de posesión dos novos cargos, e a súa reorganización posterior.

A natureza verdadeiramente executiva dos órganos directivos aconsella conferirlles unha serie de delegacións, ben as realizadas pola Alcaldía, ben as que lle corresponden á Xunta de Goberno Local e modificadas por acordo da XGL do 9 de setembro de 2020.

Normas comúns

  1. Os actos ditados polos órganos directivos municipais no exercicio das súas atribucións recibirán a denominación de decreto ou resolución directiva e inscribiranse no correspondente Libro de Rexistro.
  2. As atribucións conferidas a estes órganos directivos refírense estritamente aos ámbitos de xestión a eles asignados, e interpretaranse restritivamente cando sexa necesario deslindalos das atribucións da alcaldesa ou das delegacións xenéricas conferidas aos/ás tenentes de alcaldesa ou concelleiras/os, aos que corresponderán tamén de forma residual todas as competencias do ámbito funcional a que se refire a delegación que non fosen atribuídas especificamente ao órgano directivo.
  3. As atribucións de xestión de gastos de investimento limitaranse á adquisición de subministracións de material inventariable necesario para o funcionamento común dos servizos, co límite cuantitativo sinalado en cada caso. Non poderán autorizar gastos para a realización de obras de investimento nin xestión de servizos ou asistencias técnicas.
  4. As atribucións de xestión de gasto corrente estrito dos servizos encomendados ao órgano directivo e cos límites cuantitativos establecidos só se poderán referir a obras de mantemento ou reparación e subministracións ou contratos de servizos de tracto único.
  5. En caso de ausencia ou enfermidade da/o titular, todas as atribucións serán exercidas polos titulares das áreas de goberno de que forman parte en cada caso, en tanto superiores xerárquicos e responsables da área, sen prexuízo da posibilidade de designación temporal, cando se entenda necesario, doutro/a director/a da área ou funcionario/a da área suficientemente capacitado/a para o desenvolvemento temporal das súas funcións.
  6. Asumirán tamén aquelas funcións que o/a concelleiro/a responsable da área lles encomende en relación con outras materias cuxa xestión lle foi atribuída.

Delegacións comúns da XGL

  1. A contratación de obras, servizos e subministracións que sexan estritamente necesarias para o funcionamento dos departamentos ao seu cargo cuxa contía non exceda de doce mil euros (12.000,00 €), IVE excluído en gastos de investimento e de trinta mil euros (30.000,00 €), IVE excluído, en gastos correntes. A anterior limitación non será de aplicación ao coordinador xeral municipal que exercerá como órgano de contratación en todos os contratos administrativos e privados cuxa contía non exceda de sesenta mil euros (60.000,00 €), IVE excluído, e cuxa duración non sexa superior a catro anos, tramitados pola área de Alcaldía nos Servizos de Cultura, Bibliotecas e Museos Científicos. Esta facultade levará aparellada todos aqueles actos e trámites que a normativa de contratos do sector público lle atribúe ao órgano de contratación como (a presente relación non ten carácter limitativo): aprobar o expediente de contratación, clasificar as ofertas de acordo coa proposta da mesa de contratación cando participe, adxudicar os contratos, autorizar e dispoñer os gastos correspondentes, reaxustar as anualidades no caso dos contratos plurianuais, actas de recepción, devolucións de fianzas cando os informes sexan favorables, resolución de recursos que non dean lugar a indemnización, interpretación dos contratos, rectificación de erros e mesmo resolución dos contratos salvo que poidan dar lugar a unha indemnización.
  2. Autorizar os permisos de resolución non centralizada, correspondentes ao persoal dos servizos que deles dependen.
  3. O desenvolvemento de todos os actos de xestión económica ata un importe de sesenta mil euros (60.000,00 €), IVE excluído, así como a autorización e disposición do gasto correspondente, sempre que se realicen con cargo a partidas cuxa xestión lle corresponda á Área de Alcaldía nos Servizos de Cultura, Bibliotecas e Museos Científicos. Esta atribución inclúe a aprobación das contas xustificativas de gastos e das contas xustificativas de subvencións concedidas pola Área de Alcaldía, a devolución de fianzas constituídas dos pagos anticipados das subvencións concedidas, así como a aceptación de subvencións/convenios cuxa solicitude fose autorizada pola alcaldesa sen limitación de contía, sen prexuízo da formalización, que se reserva a alcaldesa.

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión