Uso de cookies nas páxinas web do Concello da Coruña

Nas páxinas web municipais utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar os nosos servizos mediante a análise dos seus hábitos de navegación. Se continúa navegando, consideramos que acepta o seu uso. Pode obter máis información, ou coñecer como cambiar a configuración, na nosa páxina de "Normas de uso".

Concello da Coruña

Índice da Mesa de Mobilidade

Mesa da Mobilidade

Imaxe

O Pleno Municipal do Concello da Coruña na súa sesión do pasado 3 de outubro de 2019 adoptou a Declaración da Coruña por unha mobilidade máis sustentable. Esta declaración proclama que a nosa saúde, o noso medio ambiente e a procura de modos de vida urbana de maior cohesión social son retos que esixen unha aposta clara pola mobilidade sustentable; por tanto, a cidade debe asumir de forma decidida un compromiso activo.

O obxectivo fundamental da declaración é a implicación de todos os axentes e sectores, públicos e privados, da cidade en favor dunha política de mobilidade sustentable coordinada cun modelo de crecemento urbano que aposte pola compactidade fronte á dispersión. Ambos os conceptos, mobilidade e compactidade urbana xa están postos en relación nos documentos de traballo da Axenda Urbana Española, na que A Coruña asumiu un compromiso avanzado.

De entre os dez compromisos que en materia de mobilidade sustentable para A Coruña recolle a citada declaración, o décimo establece a constitución da Mesa pola mobilidade sustentable da Coruña, dentro do obxectivo común de compartir un pacto polo medio ambiente, a saúde pública e a necesaria cohesión social.

A Mesa quedou constituída o 29 de xaneiro de 2020.

Sesion plenaria

Sesion Plenaria da mesa de mobilidade

O concelleiro de Urbanismo, Vivenda, Infraestruturas e Mobilidade, Juan Díaz Villoslada, presidiu a sesión plenaria da Mesa de Mobilidade o pasado 7 de Xullo. No Centro Cívico Municipal dos Mallos, na reunión abordouse, a necesidade de elaborar unha ordenanza integral de mobilidade que permita definir o uso do espazo público, actualizar diversas normativas municipais e regular aspectos novos como os vehículos de mobilidade persoal, carrís 30 e o redeseño de transporte e distribución de mercadorías.

Para o concelleiro, a nova ordenanza é necesaria "para definir e establecer o uso do espazo público, dando prioridade á mobilidade peonil, o transporte público e garantindo a saúde, a protección do medio ambiente e a accesibilidade universal así como os dereitos das persoas con mobilidade diversa "

Presentouse a aprobación definitiva da Instrución de regulación do uso dos VMP e o Plan Coruña Cidade 30. Todos os membros da Mesa mostraron a súa satisfacción pola aprobación e coincidiron na necesidade de realizar un esforzo de comunicación e formación para que a cidadanía coñeza os cambios iniciados e adáptense ás novas caracteristicas da mobilidade sustentable.

A celebración da Semana Europea da Mobilidade tambien foi obxecto de comentario na Mesa, solicitando o Presidente a colaboración de todas as entidades para a realización de actividades durante esa semana de Setembro.

A Coruña acentúa máis a súa tradición Caminable e intégrase na Rede de Cidades que Camiñan, mantendo a Mesa de Mobilidade como un exemplo de participación Cidadá no camiño cara á Sustentabilidade.

Coruña Camiña

O Plan de peonalización das rúas na Coruña

O Goberno municipal aposta por unha nova mobilidade na que se recuperen as rúas. Camiñar debe ser o máximo expoñente do sistema da mobilidade urbana por ser condición indispensable para posibilitar cidades amables, saudables, sustentables, equitativas, inclusivas e atractivas, con maior cohesión social e igualdade de oportunidades no uso e goce do espazo público.

Coruña Camiña

Presentámosvos "Coruña camiña", o novo Plan de mobilidade do concello que lle dará protagonismo á cidadanía nesa puxa polos corredores verdes, a peonalización das rúas e a mellora do transporte público. #CoruñaCamiña 👇👇👇

Publicada por Concello da Coruña en Mércores, 6 de maio de 2020

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión