Uso de cookies nas páxinas web do Concello da Coruña

Nas páxinas web municipais utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar os nosos servizos mediante a análise dos seus hábitos de navegación. Se continúa navegando, consideramos que acepta o seu uso. Pode obter máis información, ou coñecer como cambiar a configuración, na nosa páxina de "Normas de uso".

Concello da Coruña

Aviso importante

  • Compartir
  • Engadir ao meu móbil | 
  • Imprimir

Visitas escolares

CURSO 2020/2021

A oferta de actividades e visitas aos Museos Científicos Coruñeses para este curso adaptarase ás circunstancias sanitarias.

Casa das Ciencias

O acceso á Casa das Ciencias estará limitado á asistencia ás súas sesións de Planetario e a un programa de actividades.

Domus

O acceso á Domus estará limitado a un programa de actividades na sala maker@domus, o Laboratorio Aberto e o cinema da sala Leonardo da Vinci.

Aquarium Finisterrae

EXPOSICIÓNS

Deshabilitáronse os elementos interactivos do museo.

>> Sexo azul

Exposición temporal da Sala Humbolt. A través de acuarios, murais gráficos, elementos interactivos, instrumentos científicos, pezas e pantallas táctiles preséntase a curiosa e divertida reprodución dos organismos mariños.

>> Fotografía de natureza

O contido da sala Isabel Castelo renóvase con exposicións de fotografías de natureza. Este curso presentamos a European Wildlife Photographer of the Year 2020.

Prezos

> Cota especial*

  • Casa das Ciencias: 0 €
  • Domus: 0 €
  • Aquarium Finisterrae: 0 €
  • Planetario: 0 €
  • Cinema da Domus: 0 €

*Cota especial só para grupos con reserva previa nalgún destes casos:

  • A Coruña: grupos de centros educativos do Concello da Coruña
  • Xaneira-febreiro: grupos que nos visiten nos dous primeiros meses do ano
  • Amigos: se o centro escolar é socio da Asociación de Amigos da Casa das Ciencias

> Tarifa reducida

Os grupos escolares sen cota especial, pero con reserva, teñen tarifa reducida:

Casa das Ciencias: 1 €

Domus: 1 €

Aquarium Finisterrae: 4 €

Planetario: 1 €

Cinema da Domus: 0 €

Para os grupos con reserva previa que visiten os tres museos no mesmo día.

> Gratis total

En ningún caso pagan entrada:

  • As/os profesoras/es, se acompañan a un grupo escolar ou se van debidamente acreditadas/os.
  • O alumnado con discapacidade física e psíquica.

XORNADAS DE PORTAS ABERTAS

Os tres museos, o Planetario e o cinema de Domus son gratuítos estes días do curso 2020/2021:

Semana da Ciencia: do 9 ao 15 de novembro de 2020

Martes de Entroido.

Día dos Museos: 18 de maio

Onde podemos comer?

  • Picnic da Domus

Traede a vosa comida ao picnic da Domus. Capacidade limitada. Consultar dispoñibilidade.

RESERVAS

> Máis información: en 981 189 848 e reservas@casaciencias.org

> IMPORTANTE

A reserva só quedará formalizada cando comuniquemos a confirmación do número exacto de prazas reservadas, a data ou datas de visita e o programa detallado.

Novidades

Noticias

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión