Uso de cookies nas páxinas web do Concello da Coruña

Nas páxinas web municipais utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar os nosos servizos mediante a análise dos seus hábitos de navegación. Se continúa navegando, consideramos que acepta o seu uso. Pode obter máis información, ou coñecer como cambiar a configuración, na nosa páxina de "Normas de uso".

Concello da Coruña

  • Compartir
  • Engadir ao meu móbil | 
  • Imprimir

Licenza para a tenza de animais potencialmente perigosos

En que consiste?:

A persoa propietaria, posuidora ou tedora dun animal considerado como potencialmente perigoso debe obter a licenza administrativa municipal no concello onde estea empadroada.

Organismo responsable:

Ayuntamiento

Presencial

Que se necesita?:

  • Fotocopia do DNI
  • Aboamento das taxas previstas na Ordenanza fiscal núm. 1 (taxa por tramitación ou expedición de documentos administrativos) e na Ordenanza fiscal núm. 10 (taxa por prestación de servizos de sanidade preventiva, relacionados con animais de compañía)
  • Fotografía tamaño carné
  • Certificado de non ter sido sancionado por infraccións graves ou moi graves con algunha das sancións accesorias das previstas na Lei 50/1999, do 23 de decembro, de réxime xurídico da tenza de animais potencialmente perigosos. Lugar de obtención: Delegación Provincial da Consellería de Medio Ambiente - Edificio Administrativo Monelos, praza Luis Seoane s/n. Tel.: 981 184 539 / 981 184 499
  • Certificado de antecedentes penais. Poderá obterse acudindo a persoa interesada á Xerencia Territorial do Ministerio de Xustiza, situada na rúa Alcalde Manuel Casas, s/n desta cidade (Edificio de Correos).
  • Certificado de capacidade física e de aptitude psicolóxica, emitido polos directores dos centros médico-psicotécnicos de recoñecemento que estean debidamente autorizados.
  • Xustificación da subscrición e formalización para o animal dun seguro de responsabilidade civil cunha cobertura mínima de 125.000 €, (sen franquía) por danos a terceiros, aínda que o animal sexa cedido a outra persoa para o seu coidado, sempre que esa persoa teña licenza para a tenza de animais potencialmente perigosos. Este extremo acreditarase mediante a presentación dunha copia da póliza do seguro, ou ben mediante a presentación dun certificado acreditativo da compañía de seguros correspondente.
  • Xustificante de pago do último recibo de seguro en vigor.

Internet

Teléfono

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión