Uso de cookies nas páxinas web do Concello da Coruña

Nas páxinas web municipais utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar os nosos servizos mediante a análise dos seus hábitos de navegación. Se continúa navegando, consideramos que acepta o seu uso. Pode obter máis información, ou coñecer como cambiar a configuración, na nosa páxina de "Normas de uso".

Concello da Coruña

Programas educativos

  • "Veo, veo" 2020-2021

    As cidades e a contorna urbana son ecosistemas en que conviven especies de flora e fauna que se adaptaron a un novo ambiente. Nun medio tan transformado, en que dominan o asfalto e o cemento, estes habitantes atopan lugares e formas para cubriren as súas necesidades vitais. Unha cidade como A Coruña ofrece moitas posibilidades neste sentido: unha longa liña de costa, parques e xardíns de diferente configuración e superficie son os seus principais elementos. É vital que as cidadás e cidadáns omprendamos e valoremos a importancia do mantemento destes lugares pola súa biodiversidade e contribución á calidade ambiental.

  • A Coruña contra o cambio climático 2020-21

    O clima é un caos no que distintas variables retroaliméntanse. Do seu complejísima interacción xorden moitas incertezas e escasos elementos claros. O efecto invernadoiro e a tendencia ao quecemento poden definirse polo aumento do CO2, pero tamén pode facerse a través doutros elementos antagónicos; como a neve e o reflexo da luz solar sobre a súa superficie. Un exemplo deste caos é o que ocorre co ozono. A súa valiosa contribución na estratosfera convértese nun perigoso contaminante na troposfera, a máis influente nos procesos da vida terrestre. Pero, mesmo neste caos, aparecen algunhas variables diáfanas: as emisións de CO2 son as maiores contribuíntes ao cambio climático e as actividades humanas son as responsables do sobrecalentamiento actual.

  • A enerxía que move a miña cidade 2020-21

    A enerxía, nas súas distintas manifestacións, é vital para o desenvolvemento das nosas actividades cotiás. Durante o último século dependemos fundamentalmente dos combustibles fósiles (carbón, gas e petróleo) para obtela. As crises do petróleo, o esgotamento dos xacementos de carbón, as repercusións do seu uso sobre o medio ambiente, etc. favoreceron o desenvolvemento das enerxías renovables actuais. Este cambio debe complementarse co aforro e a mellora do rendemento e eficiencia dos equipos

  • A lista da compra 2020-21

    Esta actividade ten por obxectivo:

    - Adquirir os coñecementos necesarios para realizar unha compra responsable de produtos de alimentación

    - Aprender a realizar un menú para una dieta equilibrada considerando valores nutricionais, data de caducidade, a necesidade ou o prezo

    - Familiarizarse coa idea de planificación e entender a importancia de esixir o tícket de compra e comprobar que sexa correcto

  • A maxia da robótica. Obradoiro e concurso galego de robótica 2020-2021

    Trátase dun obradoiro de programación e robótica onde se adquire a formación precisa para participar no concurso. Os conceptos computacionais utilízanse para enfocar e resolver problemas reais, comunicarnos con outras persoas e xestionarmos múltiples aspectos da nosa vida cotiá.

    Realizarase na Coruña, nun lugar por determinar.

  • A mellor estratexia de xogo 2020-2021

    Taller que ten como obxectivo promover entre o alumnado de 5.º e 6.º de educación primaria a prevención do uso inadecuado e a toma de conciencia sobre as vantaxes e inconvenientes dos videoxogos e o establecemento de estratexias sobre a súa utilización.

  • A pandemia da Covid-19

    Até ben entrado o século XX, os virus constituían un misterio invisible. Eran de importancia transcendental pero indetectables como o neutrón, por poñer un exemplo. Os descubrimentos microbianos de Antón van Leeuwenhoek non os detectaban, como tampouco os avances bacteriolóxicos de Pasteur ou Koch, 200 anos despois. De súpeto un coronavirus cambiou por completo a nosa vida, como só o conseguiran antes as peores guerras da humanidade. Afondemos un pouco máis o coñecemento destes patóxenos.

  • A que tren sobes? Prevención de consumo de tabaco e alcol 2020-21

    Taller que ten como obxectivo previr o inicio do consumo e o uso de alcol e tabaco nos e nas menores, traballando as competencias sociais, os factores protectores e facendo unha análise práctica dos riscos do seu consumo.

  • A rede e as súas redes. Prevención de riscos asociados ao uso de internet 2020-21

    Este taller teñen como obxectivo promover a toma de conciencia por parte das persoas participantes dos riscos asociados ao uso de Internet e facilitar habilidades para moverse neste novo "hábitat" con seguridade.

  • A ruta da auga 2020-2021

    A auga é un dos principais recursos para a vida e o seu abastecemento e uso é vital para o funcionamento de calquera fogar, industria ou servizo. O circuíto xeral da auga nunha cidade desenvólvese desde que é captada até a súa depuración final antes de ser vertida, pasando pola súa canalización, potabilización, distribución etc. De forma habitual, as persoas usuarias obviamos este proceso e apenas lle prestamos atención a todo este ciclo, excepto cando carecemos de auga. Como empregamos este recurso? Que consecuencias implican as nosas actitudes?

  • A ruta da auga na Coruña 2020-21

    Dentro dá a xestión municipal, o abastecemento de auga potable é un servizo principal. A captación, a potabilización, o abastecemento e a depuración final; son parte do ciclo artificial imprescindible para o funcionamento da nosa cidade. Implicar á cidadanía no coidado deste recurso natural é fundamental.

    Actividades relacionadas

  • Alcance: prevención de hábitos nocivos asociados ao comezo de consumo de drogas 2020-21

    O taller combina a intervención grupal con intervencións individuais, en casos de risco verificado, co/a menor e a súa familia.

    O centro escolar, que detecte un caso concreto de conduta problemática asociada ao comezo de consumo de drogas e estea interesado nesta actuación, pode solicitar esta intervención.

  • Alimentación e consumo 2020-21

    Programa de Educación para o Consumo, destinado ao alumnado de centros educativos da Coruña

  • Alimentos ecolóxicos 2020-21

    Con esta actividade búscase coñecer os produtos ecolóxicos e formar unha opinión obxectiva destes mediante a realización dunha análise comparativa. Traballaremos as bases dunha alimentación saudable, con pautas que nos permitan organizar o consumo de alimentos completos, sans e económicos.

  • Alimentos funcionais 2020-21

    A actividade busca dar a coñecer este tipo de alimentos, as súas características, a súa orixe, a súa etiquetaxe e o marco legal. Tamén se analizarán as súas posibles vantaxes de forma que poidan valoralos no consumo habitual da súa dieta. Nos últimos anos, o interese da cidadanía por coñecer a relación entre dieta e saúde foi en aumento e fomentou o uso deste tipo de alimentos.

  • Arte e cultura no centro 2020-21

    O programa de "Arte e cultura no centro" é unha proposta de lecer educativo que complementa a xornada lectiva, persegue o desenvolvemento integral (físico, intelectual e social) dos nenos e nenas nunha contorna lúdica, de diversión e entretemento (aprender xogando) e comprende un amplo abano de actividades artísticas e culturais. Organízanse a través de dúas propostas diferenciadas: "Obradoiros" e/ou "Proxectos".

  • Campacoles 2020-21

    A Federación Provincial das ANPA en convenio co Concello da Coruña, co fin de lles dar resposta ás necesidades de conciliación das familias nos períodos vacacionais, leva a cabo o programa de actividades Campacole, baixo o formato de campamentos urbanos con servizo de madrugadores e comedor.

    Estes campamentos levaranse a cabo en diversos CEIP da Coruña (por determinar).

  • Charlas de sensiblilización 2020-21

    Consideramos prioritario na formación ensinarlle ao alumnado a reflexionar sobre as consecuencias de condutas imprudentes coa finalidade de sensibilizalo sobre a realidade que supoñen os accidentes de tráfico e, deste xeito, que cheguen a asumir compromisos de comportamentos viarios apropiados.

  • Compras seguras 2020-21

    Programa de Educación para o Consumo, destinado ao alumnado de centros educativos da Coruña

  • Concurso sensores para todas/os 2020-21

    Sensores para todos é un certame no que, a través do obxectivo explícito de achegar a xente nova á programación e ao uso das moi activas tecnoloxías electrónicas e robóticas, busca fomentar a súa creatividade, a capacidade de resolución de problemas e a investigación no campo STEM -Ciencia, Tecnoloxía, Enxeñería, e Matemáticas- á vez que se desenvolven aptitudes e actitudes para o traballo en equipo e a aprendizaxe compartida.

  • Consumo consciente, colaborativo e responsable 2020-21

    Programa de Educación para o Consumo, destinado ao alumnado de centros educativos da Coruña

  • Converxencias arte e ciencia. Visitas escolares á exposición e taller 2020-21

    A exposición "Converxencias, arte e ciencia", organizada pola Institución Galega de Ciencia (IGACIENCIA) e o Servizo Municipal de Educación do Concello da Coruña, enmárcase dentro das actividades de difusión da ciencia e da cultura científica na sociedade, para mostrar as sinerxías e vínculos entre a arte e a ciencia, propiciar a comprensión do método científico, a resolución de problemas, o espírito crítico e o interese social pola ciencia e a innovación como base do progreso.

  • Coruña móvese in-diferente 2020-21

    Actividade para persoas con diversidade funcional.

  • Cóxegas 2020-2021

    O programa Cóxegas é unha proposta que lle dá resposta á demanda de conciliación familiar e laboral para familias con fillas e fillos escolarizados en centros públicos en tempo extraescolar, durante os períodos en que as ANPA non desenvolven actividades extraescolares (setembro e xuño).

  • Deporte no centro 2020-2021

    É un programa integral de actividades físico-deportivas para o alumnado dos centros educativos públicos da cidade, desde a filosofía do 'deporte para todos'.

    As propostas deportivas realízanse en horario extraescolar, nas propias instalacións dos centros e, os eventos especiais e competicións, nas instalacións deportivas municipais.

resultados 72

Programas educativos

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión