Uso de cookies nas páxinas web do Concello da Coruña

Nas páxinas web municipais utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar os nosos servizos mediante a análise dos seus hábitos de navegación. Se continúa navegando, consideramos que acepta o seu uso. Pode obter máis información, ou coñecer como cambiar a configuración, na nosa páxina de "Normas de uso".

Concello da Coruña

Trámite de emenda das solicitudes subvencións 2020

Anuncio

Requirimento de emenda das solicitudes para participar na convocatoria de subvencións 2020 para entidades sen ánimo de lucro destinadas a realizar actividades fisicas e deportivas no Concello da Coruña.

Pode consultalo na seguinte ligazón:

Requirimento de emenda das solicitudes Subvencións 2020

Prazo: 10 días hábiles desde a publicación no BOP núm. 136 do 24 de agosto (25 de agosto - 7 de setembro)

Convocatoria de subvencións Deportes 2020

Convocatoria de subvencións de concorrencia competitiva dirixida a entidades deportivas sen ánimo destinadas ao fomento e apoio á realización de actividades físicas e deportivas para realizar durante o exercicio 2020

Quen pode solicitar?

As entidades deportivas sen ánimo de lucro constituídas, de acordo coas súas disposicións específicas, por persoas físicas ou xurídicas, con personalidade xurídica propia e capacidade de obrar, con sede social ou delegación no termo municipal da Coruña, que teñan por obxecto primordial o fomento e o impulso da práctica continuada dunha ou varias modalidades deportivas.

Tamén poderán ser beneficiarias a concorrer de forma exclusiva a subvencionar as actividades relativas ao Tipo 2 (Actividade física ou deporte para todos), as entidades sociais e/ou de carácter asistencial sen ánimo de lucro (aínda que non tivesen fins de competición ou deportivos propiamente ditos) constituídas, de acordo coas súas disposicións específicas, por persoas físicas ou xurídicas, con personalidade xurídica propia e capacidade de obrar, con sede ou delegación no termo municipal da Coruña, que teñan por obxecto primordial a práctica continuada dunha ou varias modalidades deportivas dentro dos seus programas habituais de terapia, fomento da vida saudable, inclusión, normalización social e igualdade.

Cal é o obxecto?

As actividades integradas nos tipos seguintes:

  1. Actividade deportiva: segundo a Lei 3/2012, do 3 de abril, de deporte de Galicia (en diante LDG) considérase actividade deportiva o exercicio físico regulado, cuxo principal obxectivo é a participación e/ou consecución dun resultado deportivo en competicións desenvolvidas no ámbito federativo ou nas competicións recoñecidas pola Administración deportiva autonómica.
    1. 1. para aquelas entidades que reciben axuda directa municipal (convenio nominativo), e que por motivo dos seus resultados deportivos amplíen o seu calendario de competicións federadas, coa súa participación en campionatos de España ou superiores e/ou fases intersectoriais clasificatorias para eles, poderán solicitar subvencións neste apartado para esas situacións concretas, e non para as súas competicións ordinarias.
  2. Actividade física ou deporte para todos: segundo a LDG, considérase actividade física o exercicio físico desenvolvido co principal obxectivo de mellorar a condición física e/ou a ocupación activa do tempo de lecer, e de favorecer o desenvolvemento integral da persoa. Este tipo de actividade non é federada e encádrase dentro do deporte para todos.
  3. Campamentos ou campus: dirixidos a poboación en idade infantil e organizados en época de vacacións escolares de tal forma que permitan a conciliación laboral e familiar.
  4. Actividades de natureza e aire libre: para os efectos desta convocatoria, considéranse actividades de natureza e aire libre a escalada, montañismo, parkour, skate, patinaxe, surf, marcha nórdica e orientación. Dirixidas tanto a menores como a maiores de idade e con independencia de que sexan practicadas por deportistas federadas/os ou populares.
  5. Actividades deportivas de carácter extraordinario: organización de eventos deportivos e competicións na cidade da Coruña. Enténdese por competicións ou eventos deportivos de carácter extraordinario aqueles que teñen periodicidade anual ou superior.

Para cantas actividades podo solicitar?

Unha mesma entidade deportiva só pode solicitar un máximo de tres subvencións de entre o total de tipos enumerados anteriormente. Por tanto, só poderán subvencionarse tres actividades distintas dunha mesma entidade.

As actividades solicitadas poden ser dun único tipo dos enumerados anteriormente ou tipos distintos, sen superar en ningún caso o número máximo de 3 actividades.

Cal é o límite máximo subvencionable para cada tipo de actividade?

O importe máximo do orzamento susceptible de ser subvencionado será do 80% do seu total. O 20% restante debera ser captado pola entidade a través de recursos propios e/ou recursos procedentes doutras persoas e/ou entidades públicas ou privadas.

Para cada un dos tipos de actividades o importe máximo subvencionable para unha única entidade é de 4.000,00 €, coa excepción das subvencións de tipo 3 (Campamentos ou campus) que é de 6.000,00 euros por cada subvención solicitada.

É compatible con outras axudas?

Esta subvención é compatible con outras axudas, de entidades públicas ou privadas. En ningún caso o importe da subvención municipal poderá ser de tal contía que, en concorrencia con outros ingresos, subvencións ou axudas, supere o custo da actividade ou proxecto xustificado pola persoa beneficiaria.

Cal é a documentación para presentar?

Pode descargarse, xunto coas bases na seguinte ligazón, ou no documento adxunto no pé da páxina

Onde podo presentar a solicitude?

As solicitudes de subvención deberanse presentar no modelo oficial establecido que se achega a esta convocatoria, na sede electrónica do Concello da Coruña ou no Rexistro Xeral de Entrada do Concello con destino ao servizo municipal de Deportes no prazo de 20 días naturais que se contan a partir do día seguinte ao da publicación dun extracto desta convocatoria no Boletín Oficial da Provincia.

Formularios da convocatoria na Sede Electrónica

Tamén se poderán presentar por calquera dos medios regulados no artigo 16.4 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.

Para calquera dúbida ou aclaración pode contactar connosco no teléfono 981184200 e 981189800, extensións 25030 e 25035.

Tamén pode consultar a Sede electrónica do Concello da Coruña ou na Base de Datos Nacional de Subvencións

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión