Uso de cookies nas páxinas web do Concello da Coruña

Nas páxinas web municipais utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar os nosos servizos mediante a análise dos seus hábitos de navegación. Se continúa navegando, consideramos que acepta o seu uso. Pode obter máis información, ou coñecer como cambiar a configuración, na nosa páxina de "Normas de uso".

Concello da Coruña

Acta da Reunión da Mesa de Avaliación do 4 de setembro

Constituída a Mesa de Avaliación ás 10:00 h. do día 4 de setembro de 2020, procédese á publicación da acta da reunión.

Examinados os datos das solicitudes presentadas, atendendo aos criterios establecidos nos puntos 7 e 8 das bases convocatoria, acórdase requirir a todas as entidades solicitantes a seguinte documentación:

1. Certificado da federación correspondente especificando:

  • Número total de licenzas federativas que compitan, por categorías (competición oficial e regular)
  • Número total de licenzas femininas federativas
  • Número total de licenzas federativas de menores de idade que compitan

Nota: As licenzas federativas que se terán en conta son as que teñan en vigor na tempada 2019-2020.

2. Certificación por parte do/a secretario/a da entidade do número de socios, no seu caso.

Prazo de presentación

Establécese un prazo de DEZ (10) DÍAS HÁBILES contados a partir do día seguinte á data de publicación.

Forma de presentación

A documentación presentarase, con destino ao Servizo Municipal de Deportes, por calquera dos seguintes medios:

  • Pola sede electrónica do Concello da Coruña 
  • No Rexistro Xeral de Entrada do Concello da Coruña
  • No Rexistro do Palacio dos Deportes de Riazor

Nota: No caso de optar pola presentación nun rexistro de forma presencial, será  necesario:

  • Solicitar cita previa a través do seguinte enlace: https://citaprevia.coruna.gal
  • Cumprimentar a folla de Solicitude Xeral do concello ou indicar os datos imprescindibles que require unha solicitude nun documento adxunto, segundo o artigo 66.1 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do Procedemento Administrativo Común das administracións públicas. Pode descargala na anterior ligazón, ou no documento ao pé deste texto

Pode descargar a Acta da Mesa na seguinte ligazón:

Decreto de alegacións e Convocatoria da Mesa de Avaliación

Logo de ver as alegacións formuladas, detéctase que moitas delas son simples aclaracións ás peticións iniciais. Dende o Servizo Municipal de Deportes incluíronse todas as alegacións no expediente para ser tidas en conta pola Mesa de Avaliación á hora de establecer o reparto de acordo coa convocatoria.

A Base 9.3 da convocatoria establece:

"Unha vez pechado o prazo de información pública e recibidas todas as solicitudes, realizarase unha valoración das mesmas, a comparativa entre os diferentes tipos e formularase unha proposta de resolución provisional coa asignación de horas de uso.

Para iso reunirase a Mesa de Avaliación e levantarase Acta.

A Mesa de Avaliación deberá atender aos criterios establecidos nos puntos 7 e 8 para realizar a súa proposta de asignación de horas de uso"

As listaxes pódense consultar nas seguintes ligazóns, hai dous tipos de listaxes:

A Mesa de Avaliación das solicitudes constituirase o día 4 de setembro de 2020 ás 10:00 horas na sala de reunións do 1º piso do Palacio dos Deportes de Riazor.

Pode consultar o decreto na seguinte ligazón:

Prazo de alegacións

Logo de finalizar o prazo establecido para a presentación das solicitudes de uso das instalacións deportivas municipais, nas súas modalidades de actividade deportiva e actividade física, e de acordo co previsto na Base 9.2 que regula a convocatoria, procédese á apertura dun prazo de 5 días naturais para a formulación de alegacións.

O prazo comeza o día seguinte ao da súa publicación na web de Deportes, polo tanto, o prazo para formular alegacións estará aberto do 18 ao 22 de agosto. O prazo remata o día 22 de agosto ás 23:59 horas.

As listaxes pódense consultar nesta páxina web, hai dous tipos de listaxes:

As entidades poderán identificar a súa solicitude en función do CIF ou NIF consignado na solicitude.

As alegacións realizaranse enviando un correo electrónico a deportes@coruna.es.

Non se contestarán os correos electrónicos nin se poderán utilizar para formular preguntas ou dúbidas.

Atenderanse exclusivamente aos correos electrónicos enviados para emendar as solicitudes.

Convocatoria de usos de Instalacións Deportivas Municipais

CONVOCATORIA

BASES REGULADORAS DA CONVOCATORIA DE ASIGNACIÓN DE USOS DAS INSTALACIÓNS DEPORTIVAS MUNICIPAIS PARA ADESTRAMENTOS DEPORTIVOS E ACTIVIDADES FÍSICAS DURANTE A TEMPADA 2020-2021

A continuación pode consultar un extracto das Bases da Convocatoria

QUEN PODE SOLICITAR?

Poderán solicitar mediante este procedemento o uso das instalacións deportivas municipais os seguintes suxeitos:

1. Entidades deportivas con sede social na cidade da Coruña definidas polo artigo 40 da Lei do Deporte de Galicia: clubs deportivos, agrupacións deportivas escolares,seccións deportivas e federacións deportivas, todas elas sen ánimo de lucro.

Terán prioridade á hora de realizar o reparto aquelas entidades que non dispoñan de instalación propia ou cedida de forma gratuíta. 

2. Deportistas individuais con licenza federativa empadroados na cidade da Coruña que precisen das instalacións deportivas municipais para realizar adestramentos. Considérase deportista individual aquela persoa que practique unha modalidade deportiva de carácter individual.

Ten a consideración de deporte individual a modalidade deportiva que sexa practicada por un ou dous deportistas como máximo en función do seu regulamento.

3. Sociedades Anónimas Deportivas con sede social na cidade da Coruña, sempre e cando non dispoñan dunha instalación propia ou cedida para adestramentos e realicen as súas competicións na cidade da Coruña. Establécese como requisito que a SAD realice a maior parte das súas competicións na instalación que solicita para o adestramento. Terán prioridade no reparto aquelas SAD que participen en ligas profesionais de ámbito nacional debido ao recoñecemento que iso implica para a cidade da Coruña.

4. Academias de formación que, aínda tendo ánimo de lucro, precisan dunha instalación deportiva municipal dirixida ao adestramento deportivo dos seu alumnado por non existir na cidade da Coruña instalacións deportivas que conten coas condicións necesarias para ese tipo de adestramento e sempre e cando o adestramento vaia dirixido a participar en probas selectivas de acceso aos corpos de Policía (Local, nacional ou autonómica), Bombeiros e Exército.

O reparto de horas para estas entidades farase entre as horas que queden libres unha vez se cubra a demanda total de horas das entidades deportivas da cidade. 

5. Excepcionalmente poderánselle asignar horas para adestramentos nas instalacións deportivas municipais a entidades deportivas, deportistas individuais, SAD e academias de formación que non teñan sede social ou delegación na cidade da Coruña, sempre e cando queden horas sobrantes nesta convocatoria ou soliciten franxas horarias para as que non existe demanda por parte de entidades ou deportistas da cidade.

CAL É O OBXECTO?

Estas bases teñen  por obxecto regular as condicións polas que a Concellaría de Deportes vai proceder ao reparto das horas de uso das instalacións deportivas municipais, xa sexan instalacións propias ou cedidas ao Concello da Coruña mediante un convenio, para a realización de actividade física ou actividade deportiva na modalidade de adestramento, por parte das entidades e deportistas individuais especificados anteriormente.

RÉXIME XURÍDICO E NORMATIVA APLICABLE

Tanto o reparto de horas como o uso das instalacións deportivas municipais  deberá realizarse respectando as Bases reguladoras desta convocatoria e, en todo caso, anormativa vixente. 

En concreto:

- Lei 7/1985, do 2 de abril, reguladora das bases do réxime local

- Lei 5/1997, de 22 de xullo, da administración local de Galicia

- Lei 33/2003, del 3 de novembro,  de patrimonio das administracións públicas.

- Real Decreto 1372/1986, do 13 de xuño, polo que se aproba o regulamento de bens das entidades locais.

- Lei 10/2017, do 27 de decembro, de espectáculos públicos e actividades recreativas de Galicia

- Ordenanza Fiscal número 15 do Concello da Coruña, reguladora da taxa pola prestación de servicios e polo uso das instalacións deportivas municipais.

- Normas de uso das instalacións deportivas municipais aprobadas pola Xunta de Goberno Local 20 de xullo de 2007.

- Para o caso das instalacións cedidas pola Universidade da Coruña ao Concello da Coruña deberán respectarse as normas de uso propias desas instalacións.

INSTALACIÓNS OBXECTO DA CONVOCATORIA

No Anexo I que se achega con estas Bases inclúese un cadro onde se enumeran todas as instalacións deportivas municipais onde se permitirán realizar adestramentos e o tipo de actividade permitida en cada unha delas, co fin de dar información sobre as horas ofertadas nesta convocatoria.

As instalacións están codificadas co fin de facilitar a inscrición en liña. Deberá atenderse a ese código para cubrir o formulario de solicitude.

REQUISITOS PARA PODER PARTICIPAR NO PROCEDEMENTO

Haberá distintos requisitos en función do tipo de actividade que se solicite

- Actividade deportiva

  1. Que se pretendan realizar actividades deportivas de adestramento cuxo principal obxectivo é a participación e/ou consecución dun resultado deportivo en competicións desenvolvidas no ámbito federativo ou nas competicións recoñecidas pola Administración Deportiva.
  2. Que tales actividades teñan como finalidade fomentar e promocionar a práctica do deporte, xerando hábitos de práctica deportiva e incrementando o número de practicantes.
  3. Que a actividade se realice por unha entidade ou club deportivo con sede social ou delegación no término municipal da Coruña e cuxo adestramento e/ou competicións teñan como sede esta cidade.
  4. No caso de entidades deportivas, á data da proposta de resolución, deberán acreditar os seguintes requisitos; excepto que consten no REMAC :
    • A celebración da preceptiva Asemblea Xeral anual aprobando os orzamentos e as contas do exercicio anterior
    • Censo actualizado do número de socios.
    • A Acta da Asemblea de renovación dos cargos de natureza electiva celebrada nos últimos cinco anos, incluíndo a listaxe de socios aos que lle fixo a convocatoria e medio empregado para a súa notificación

- Actividade física

  1. Que a actividade que se pretenda desenvolver nas instalacións deportivas teña por finalidade a realización de exercicio físico e/ou a ocupación activa do tempo de lecer e favorecer o desenvolvemento integral das persoas.
  2. Que a actividade a se realice por algunha das entidades numeradas no punto 2 desta convocatoria

CRITERIOS DE REPARTO

Como norma xeral distribuiranse horas de luns a venres entre as horas que non estean reservadas pola Concellaría de Deportes para os desenvolvemento das súas Escolas Deportivas Municipais e actividades. En determinadas instalación poderanse ofertar ademais horas en sábado e domingos.

A relación de horas ofertadas recóllese no Anexo I que se achega con esta convocatoria.

Non se ofertarán as horas que sexan necesarias para a realización de competicións desenvolvidas no ámbito federativo ou nas competicións recoñecidas pola administración deportiva. Do mesmo xeito, no caso de que se outorgasen horas de uso que fosen necesarias puntualmente para a realización de ese tipo de competicións, o beneficio deberá ceder esas horas e non terá dereito a percibir ningún tipo de compensación.

Non se lle asignarán, mediante esta convocatoria, horas a un club ou entidade para a realización de actividades deportivas que non teñan que ver co obxecto do propio club ou entidade.

A asignación de horas farase por instalación deportiva e en función do tipo de actividade permitida en cada unha delas.

Lembramoslles que este é un extracto das Bases de convocatoria de usos das IDM, pode consultalas completas na seguinte ligazón ou no documento adxunto ao pé da páxina:

Bases Convocatoria de usos de I.D.M e Adestramentos - Tempada 2020-21

PRAZO DE PRESENTACIÓN 

A presentación das solicitudes realizarse no prazo de QUINCE (15) DÍAS NATURAIS dende o día seguinte á publicación da convocatoria nesta página web, rematando polo tanto o prazo o 11 de agosto de 2020 ás 23:59h.

PROCEDEMENTO DE PRESENTACIÓN DE SOLICITUDES

As solicitudes presentaranse exclusivamente cubrindo o seguinte formulario en liña:

FORMULARIO DE SOLICITUDES - Convocatoria de usos de I.D.M e Adestramentos - Tempada 2020-21

Pode consultar os datos que se lle requirirán para cubrir o formulario nesta ligazón:

GUIA - Solicitude usos IDM - Tempada 2020-21

Datos que convén ter a man para cubrir o formulario:

DATOS COMÚNS:

  • Nome ou razón social
  • CIF
  • Correo electrónico
  • Teléfono de contacto
  • Domicilio social, localidade e C.P.

DATOS SEGUNDO A MODALIDADE DE SOLICITUDE

Modalidade actividade deportiva

  • Nº Remac
  • Nº horas/semana concedidas na tempada 2019/2020
  • Para a solicitude de espazos nas IDM (por cada opción):
    • Espazo solicitado (Indicar código segundo Anexo I)
    • Frecuencia semanal
    • Franxa horaria
    • Nº horas semanais
    • Categoría/s
    • Nº equipos
  • Datos para a baremación no caso de empate:
    • Deporte individual ou por equipos
    • Nivel da competición
    • Competición nunha Liga profesional de ámbito nacional con sede nunha IDM
    • Nº de licenzas federativas (só licenzas que compitan)
    • Nº de licenzas federativas femininas (só licenzas que compitan)
    • Nº de licenzas federativas menores de idade (só licenzas que compitan)
    • Nº de socios/as da entidade
    • Dispoñibilidade de instalación propia ou cedida gratuitamente
    • Dispoñibilidade doutras instalacións en réxime de aluguer
    • Ten concedido un convenio nominativo co Concello

Modalidade actividade física de formación

  • Nº horas/semana concedidas na tempada 2019/2020
  • Para a solicitude de espazos nas IDM (por cada opción):
    • Espazo solicitado (Indicar código segundo Anexo I)
    • Frecuencia semanal
    • Franxa horaria
    • Nº horas semanais
  • Datos para a baremación no caso de empate:
    • Sede ou Delegación na cidade da Coruña
    • Nº de alumnos/as da entidade

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión