Uso de cookies nas páxinas web do Concello da Coruña

Nas páxinas web municipais utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar os nosos servizos mediante a análise dos seus hábitos de navegación. Se continúa navegando, consideramos que acepta o seu uso. Pode obter máis información, ou coñecer como cambiar a configuración, na nosa páxina de "Normas de uso".

Concello da Coruña

  • Compartir
  • Engadir ao meu móbil | 
  • Imprimir

Tarxeta Bus Millennium Xeral

En que consiste?:

Importante: para realizar calquera trámite na súa tarxeta física Millennium, por exemplo solicitar cambio de perfil, renovación etc. ten que solicitar cita previa. Todo o que sexa relativo á expedición da Tarxeta Millennium tanto por primeira vez, por mal funcionamento, por roubo ou perda ou calquera trámite presencial só se realizará a entrega nas dependencias da Estación de Autobuses da Tarxeta Millennium. (Presentar solicitudes e entregar documentación pódese realizar nos rexistros de María Pita e Ágora).

Tarxeta de bus xeral coa cal as súas persoas beneficiarias obterán descontos pola utilización do servizo público de transporte urbano.

Onde se fai?:

Solicitude por primeira vez, renovación, roubo, perda ou deterioración:

  • Servizo de Mobilidade Urbana (Estación de Autobuses - r/ Caballeros, 21)

A quen vai dirixido?:

  • Particulares
  • Empresas

Presencial

Que se necesita?:

Documentación (particulares):

  • DNI (no suposto de menores de idade, ademais do DNI do pai, nai ou titor/a legal, deben achegar o da persoa interesada, se dispón del).
  • Aboar a taxa establecida.
  • En caso de menores de idade, o contrato debe ir asinado polo pai, nai ou titor/a legal.

Documentación (empresas):

  • CIF
  • O contrato debe estar asinado por unha persoa autorizada e acreditar a dita autorización.
  • Aboar a taxa establecida.

Custo da tarxeta (taxa):

Persoas empadroadas e non empadroadas no Concello da Coruña: 3 €

Pódese realizar o aboamento da taxa na Caixa Municipal ou a través de calquera oficina de Abanca, Sabadell, Santander, BBVA, Caixa Bank.

Tamén pode realizar o pago en liña das taxas da Tarxeta Millenium. Este procedemento require que vostede dispoña dun certificado dixital válido.

Unha vez aboada a taxa, a persoa solicitante débese dirixir de novo á oficina na que realizase a solicitude da tarxeta, co xustificante de pago, para que lle expidan a tarxeta.

Roubo, perda ou deterioración:

En caso de roubo, perda, deterioración ou mal funcionamento da tarxeta pódese solicitar un duplicado ou a súa reparación (segundo proceda), en calquera caso, é necesario que a/o titular comunique o máis axiña posible (de forma presencial ou telefonicamente) a perda da tarxeta para que se poida bloquear.

Substitución da tarxeta por mal funcionamento

No caso de que a substitución da tarxeta se produza polo mal funcionamento desta, sen responsabilidade da persoa usuaria (por tanto debe achegar a tarxeta), non é necesario aboar ningunha taxa e a tarxeta expídese no momento.

Poderá recuperar o saldo que tiña na tarxeta, acudindo a unha das oficinas de Abanca na opción de Aboamentos Pendentes.

Substitución da tarxeta​ por roubo, extravio ou rotura

É necesario aboar a taxa establecida, 7 €, (Ordenanza fiscal núm. 1, epígrafe 1.11.4).

Ao solicitar o duplicado da tarxeta facilitarase o impreso de autoliquidacións; unha vez aboada a taxa, a persoa usuaria débese dirixir co xustificante de pago á oficina de tramitación para a expedición da tarxeta.

Normas xerais:

  • O custo de cada viaxe é de 0,75 €.
  • Transbordo permitido entre liñas gratuíto (máximo 45 minutos).
  • Esta tarxeta non é necesario renovala.
  • A tarxeta recóllese presencialmente.

Internet

Teléfono

Subscrición Boletín Deportes

Os campos marcados cun asterisco son obrigatorios

A subscrición a este boletín realizarase no idioma de navegación actual da páxina web: Galego

Política de privacidade

De acordo coa lexislación en materia de protección de datos e, en concreto, co Regulamento UE 2016/679, do Parlamento Europeo e do Consello, do 27 de abril, os datos persoais que vostede nos facilite voluntariamente no formulario de "Subscrición ao Boletín de actividades", serán tratados baixo a responsabilidade do CONCELLO DA CORUÑA, praza de María Pita, 1 (15001 A Coruña). Estes datos teñen a finalidade de lle ofrecer á cidadanía información a través do portal web do concello. O propio concello está lexitimado polo consentimento que vostede expresamente outorga mediante a aceptación da cláusula de protección de datos. Vostede pode retirar o devandito consentimento en calquera momento, sen efectos retroactivos.

Os seus datos de contacto trataranse durante o tempo que manteña a subscrición ou exerza o seu dereito de cancelación ou oposición.

Igualmente informámolo/a de que ten dereito a solicitarlle á persoa responsable do tratamento, en calquera momento, o acceso, rectificación ou supresión dos seus datos persoais e a limitación do seu tratamento. p>< p>Tamén terá dereito a opoñerse ao devandito tratamento, así como a solicitar, salvo casos de interese público e/ou exercicio de poderes públicos, a portabilidade dos seus datos. Os ditos dereitos poderá exercelos mediante unha solicitude remitida ao seguinte enderezo: Rexistro de entrada municipal, praza de Mª Pita, 1, coa referencia "protección de datos", a través dun escrito asinado para o efecto, achegando unha fotocopia do seu Documento Nacional de Identidade.

Igualmente poderá dirixir a dita solicitude directamente á persoa delegada de Protección de Datos.

Así mesmo, vostede ten dereito a presentar unha reclamación ante a Axencia Española de Protección de Datos ( AEPD).

Marca o seguinte cadro para aceptar a política de privacidade *

Axenda

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión