Uso de cookies nas páxinas web do Concello da Coruña

Nas páxinas web municipais utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar os nosos servizos mediante a análise dos seus hábitos de navegación. Se continúa navegando, consideramos que acepta o seu uso. Pode obter máis información, ou coñecer como cambiar a configuración, na nosa páxina de "Normas de uso".

Concello da Coruña

Bibliotecas Municipais

Alcaldía

Pregúntanos, síguenos, participa!

Lupe, da Biblioteca Ágora, ao teléfono

Lupe axudarache no que necesites

Necesitas axuda?

Estamos para axudarche a atopar as respostas ás túas preguntas. Resolvemos as túas dúbidas sobre localización das bibliotecas, horarios, actividades; guiámoste nas túas procuras no catálogo; dicímosche como inscribirte nun curso; orientámoste na procura de información de calquera tipo. Calquera que sexa a túa necesidade de información, intentaremos resolvela ou dirixirte cara a quen o poida facer.

Quéreste informar das novas que imos publicando na web e nas redes sociais sen necesidade de visitar constantemente as súas páxinas? Propoñémosche subscribíreste empregando os RSS. Que non sabes que é isto? Non te preocupes: explicámoscho e dicímosche como podes seguirnos. Ademais pódeste subscribir ao noso boletín de noticias e recibilo periodicamente no teu correo electrónico.

Pero tamén queremos que nos envíes as túas suxestións e opinións. Axúdanos a mellorar e a ofrecerche un mellor servizo.

Chámanos

+34 981 184 384

(L-V, 9-21h)

Consulta o teléfono das bibliotecas. Para temas relacionados con algunha das bibliotecas, chama directamente á biblioteca en horario de apertura.

Síguenos

Pregúntanos nas biblios

Calquera bibliotecario ou bibliotecaria atenderate persoalmente durante o horario de apertura. Selecciona a túa biblioteca máis próxima, visítaa e solicita información, axuda, ou o asesoramento que necesites.

Pregunta pola Coruña

Responderémosche a cuestións concretas sobre personaxes, historia, acontecementos etc. relacionados coa cidade ademais de ofrecerche información bibliográfica sobre temas locais. Cubre o formulario de consulta e no prazo máximo de 3 días enviarémosche a información solicitada.

Busca no catálogo

Buscador de actividades

Escribe a palabra ou palabras que desexas buscar

Se o prefires, podes realizar a túa procura combinando distintos criterios. Só tes que acceder á procura avanzada

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión